O Premio ás Mulleres “Dna. Maruja Gutiérrez” 2024, é promovido polo Concello de Lalín, a través das Concellerías de Igualdade e Comercio do Concello con motivo do 8 de Marzo “Día Internacional da Muller” e dirixido a distinguir a profesionalidade, a capacidade de iniciativa empresarial e a traxectoria persoal e profesional das mulleres lalinenses cada ano.
Este premio nace coa finalidade de difundir as achegas das mulleres lalinenses á sociedade, promovendo a transformación de estereotipos sexistas e rachando coas situacións de discriminación por razón de xénero, así como para estimular e recoñecer o esforzo e a traxectoria de mulleres que están desenvolvendo un labor importante e relevante no ámbito da igualdade de oportunidades a fin de que sirva de exemplo para toda a sociedade, especialmente para as novas xeracións de mulleres.
O alumnado de 3º de primaria está facendo un traballo de investigación sobre estes premios e algunhas das mulleres distinguidas con el.
Ningún comentario:
Publicar un comentario