22/04/2025

Lecturas para traballar a igualdade e a coeducación

 

Durante todo o curso estanse traballando lecturas de libros da  Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade.

O alumnado de 4º de primaria traballou O xeito das froitas e A aventura do 8 de marzo




E os de 3º de primaria traballaron con Quokka Moka


Outros libros traballados durante este curso foron A tartaruga Amodovou, Quokka Moka, Crocodilo namorado, Leopoldo e Casilda, A manchas ou a raias, Que lles pasa ás princesas, Nube Branca quere ser astronauta, Pioneiras. Galegas que abriron camiño, Os peloteiros, Mulleres bravas da nosa historia, etc.



09/04/2025

NECESITO UN ABRAZO - 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

A rapazada de tres anos conta a historia dun ourizo que necesita un abrazo. O protagonista demostra ter unha boa autoestima e non renega da súa identidade. É unha historia perfecta para traballar a intelixencia emocional, e facerlles partícipes do bo que é expresar os sentimientos. Así, lograremos fortalecer a súa autoestima e fomentaremos o autoconcepto de si mesmos. Durante o segundo trimestre crearon o escenario cunha caixa de zapatos, fixeron aos animais que aparecían na historia e por último representaron este conto tan entrañable.
Necesito un abrazo