21/01/2025

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2025

Crea unha portada para o conto coeducativo pola paz da vosa clase.

30 de Xaneiro, Día Internacional da Paz e da Non Violencia

Entre todo o alumnado da vosa aula creade un conto coeducativo pola Paz. O formato ten que ser folio Din A4 e deberá estar escrito a ordenador. Pode ser un conto encadeado, onde cada un vai aumentando o texto ata chegar ao final. Tamén pode ser un conto feito de maneira grupal, consensuando o texto. Recordade a temática: coeducaión, paz, igualdade, etc. Pedide axuda as titoras ou mestres se é necesario. O prazo límite de entrega será o mércores, 29 de xaneiro.
 

08/01/2025

XOGUETES POLA IGUALDADE

 Durante este curso reflexionamos sobre o uso dos xoguetes e intentamos comprender que non hai xogos ou actividades diferentes para nenos ou nenas.