30/05/2025

Contos coeducativos: Falamos de Crocodilo namorado

O alumnado de 2º de primaria fala cos de 4º de infantil sobre que lles pareceu o conto Crocodilo Namorado.

Deixamos o enlace ao audio para que poidades escoitar os seus comentarios.

Audio aos comentarios sobre Crocodilo namorado





02/05/2025

EN FEMININO

Xa están na biblioteca para poder xogar, os dominós e os xogos de memoria "Animais en feminino" e "Profesións en feminino". Que por certo, están tendo moito éxito!


22/04/2025

Lecturas para traballar a igualdade e a coeducación

 

Durante todo o curso estanse traballando lecturas de libros da  Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade.

O alumnado de 4º de primaria traballou O xeito das froitas e A aventura do 8 de marzo




E os de 3º de primaria traballaron con Quokka Moka


Outros libros traballados durante este curso foron A tartaruga Amodovou, Quokka Moka, Crocodilo namorado, Leopoldo e Casilda, A manchas ou a raias, Que lles pasa ás princesas, Nube Branca quere ser astronauta, Pioneiras. Galegas que abriron camiño, Os peloteiros, Mulleres bravas da nosa historia, etc.